Novas

Este venres celebrarase en Ourense a II Xornada Técnica “Arquitectura, construción e pizarra en Valdeorras”

Novas

O Clúster da Pizarra de Galicia organizará este venres 9 de outubro en Ourense a II Xornada Técnica “Arquitectura, construción e pizarra en Valdeorras: un diálogo cara ao futuro de Ourense”. A partir das 11:30 horas, o Centro Cultural Marcos Valcárcel será a sede da segunda edición dun foro que ten como obxectivo analizar a situación actual do sector da construcción en Ourense e en Galicia, á vez que se debate sobre o futuro da arquitectura e do uso da pizarra como elemento construtivo.

 

Tras o acto de apertura, no que participarán o presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Eliseo López Alonso, e o director territorial da Consellería de Economía e Industria, Jorge Pumar Tesouro, o protagonista da primeira ponencia será o prestixioso arquitecto e profesor Carlos Quintáns Eirás, que falará sobre “A pizarra agora”. Posteriormente, o arquitecto técnico e vicepresidente do Clúster da Construción de Galicia, Daniel Hermosilla Hermida, falaranos sobre “A pizarra e o reto da construción industrializada”, antes de que a arquitecta e profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, Cristina García Fontán, peche as conferencias coa ponencia titulada “A pizarra e o planeameno: normativa, paisaxe e convivencia de materiais”.

 

Coa intervención do director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Vila, poñerase o punto e final a esta intensa xornada que foi posible grazas á colaboración da Deputación Provincial de Ourense

gl_ES