UN MATERIAL PARA TODA A VIDA
A PIZARRA NATURAL CARACTERÍZASE
POLA SÚA ALTA DURABILIDADE,
SUPERIOR AOS 200 ANOS.
A PIZARRA NATURAL DE GALICIA
É UN DOS MATERIAIS
MÁIS EFICIENTES QUE EXISTEN
NA ARQUITECTURA ACTUAL.
A Pizarra Natural É
ECOLÓXICA XA QUE SÓ
REQUIRE DO SERRADO, EXFOLIADO
E CORTE, PARA A SÚA ELABORACIÓN.
A Pizarra Natural ACHEGA
ÁS CUBERTAS E FACHADAS
LONXEVIDADE, ELEGANCIA E CALIDADE;
DOTÁNDOAS DUN ACABADO EXCLUSIVO.

O Clúster da Pizarra de Galicia está integrado por máis de 40 empresas dedicadas á extracción, á elaboración e á comercialización de pizarra, que supoñen o 90% da produción total da comunidade.

A produción española, que se cifrou en case 460.000 toneladas durante o ano 2023, supón o 85% do total mundial de pizarra, do cal o 60% corresponde á pizarra natural de Galicia. No ano 2023, exportáronse un total de 437.186 t., por valor de 376.584.309€ e, ata o mes de novembro do pasado ano 2024, 348.485 t. saíron das nosas fronteiras, por un valor de 341.420.764€.

A pizarra de Galicia distínguese pola súa calidade, durabilidade e unha garantía de longa vida útil e resistencia. As súas propiedades únicas son a principal vantaxe competitiva fronte a pizarras doutros países e materiais alternativos.

Colaboramos con diferentes tipos de profesionais e industrias.

Os obxectivos do Clúster da Pizarra buscan a promoción e impulso das vendas da pizarra galega no mercado actual e pódense resumir no incremento do nivel de competitividade do sector da pizarra cun intento de promover e impulsar a execución de proxectos concretos de carácter innovador.

Estes obxectivos responden ás novas necesidades do sector da pizarra, para as cales se desenvolveu un plan estratéxico que leva a cabo accións no eido da sustentabilidade e medio ambiente, formación, promoción, normativo e técnico e I+D+i.

COLOCACIÓN DE PIZARRA.

Unha correcta colocación da pizarra é esencial para garantir a durabilidade e o mínimo mantemento de calquera cuberta.

Os obxectivos que se buscan na colocación dunha cuberta de pizarra son a estanquidade, impermeabilidade e, polo tanto, a durabilidade da mesma. Isto non o achega a pedra en si mesma, só se pode conseguir cunha correcta colocación na obra, tendo en conta que o factor máis importante para deseñar unha cuberta é a capilaridade, sendo esta a principal característica diferenciadora da pizarra con respecto a outros materiais de construción.

O Clúster da Pizarra colabora activamente coa Escola Técnica de Colocadores do Centro Tecnolóxico da Pizarra para ofrecer ciclos formativos especializados na instalación de cubertas de pizarra.

Descubre o Valor da Pizarra Natural: Calidade, Durabilidade e Sostibilidade.

Explora como a pizarra, un material ecolóxico e duradeiro, pode mellorar os teus proxectos, xa sexa en construción, deseño ou sustentabilidade.

Desde as súas propiedades únicas ata os controis de calidade e o seu impacto na contorna, aquí atoparás toda a información que necesitas para coñecer a fondo este recurso natural incomparable.

Propiedades da Pizarra Natural

Propiedades da Pizarra Natural

A durabilidade, é a propiedade máis importante e que mellor caracteriza á pizarra natural de Galicia…

Ver máis

Calidade e Normalización

Calidade e Normalización

A calidade no sector da lousa evolucionou durante as últimas décadas mediante a aparición…

Ver máis

Medio Ambiente e Sostibilidade

Medio Ambiente e Sostibilidade

A industria da construción é un importante contribuínte ás emisións de gases de efecto invernadoiro…

Ver máis

Preguntas máis Frecuentes

Preguntas máis Frecuentes

Atopa respostas ás dúbidas máis comúns sobre a pizarra natural, os seus usos, características e beneficios.

Ver máis