Novas

Cruz Vermella de Valdeorras visita o sector da lousa para coñecer o seu proceso de extracción e elaboración

Novas

A presidenta da Cruz Vermella de Valdeorras, María Victoria Núñez, acompañada polo equipo da entidade, visitou o sector da lousa co obxectivo de coñecer de primeira man o día a día desta actividade, desde a extracción do material nas canteiras ata a súa posterior elaboración.

A visita permitiu achegarse aos procesos de traballo que se desenvolven nesta industria, fundamental para a economía de Valdeorras, así como coñecer o labor dos profesionais que fan posible a transformación da lousa.

Esta iniciativa contou coa colaboración da Deputación de Ourense.

Membros de Cruz Vermella acompañados do xerente do Clúster da Pizarra, Severino González.
gl_ES