Novas

Arquitectos do COAG coñecen de primeira man o proceso produtivo da pizarra galega

Novas

O Clúster da Pizarra de Galicia recibiu a visita dun grupo de arquitectos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), que coñeceron de primeira man as distintas fases do proceso produtivo da lousa.

Durante a xornada, os profesionais visitaron unha explotación extractiva e unha planta de transformación, onde puideron afondar nos métodos de extracción, elaboración e selección deste material natural, así como nas súas propiedades técnicas e aplicacións na arquitectura e na construción.

A visita permitiu achegar ao colectivo profesional as características da lousa galega, as súas prestacións e o seu potencial como material de altas prestacións para cubertas e solucións construtivas.

 

Arquitectos durante a visita á canteira.
gl_ES