Novas

O Clúster da Pizarra de Galicia recibe a visita do alumnado do CIFP Someso da Coruña

Novas

O Clúster da Pizarra de Galicia recibiu onte a visita do alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso, da Coruña, nunha xornada para coñecer de primeira man o sector da lousa.

Na visita participaron estudantes de primeiro curso do Título Profesional Básico en Reforma e Mantemento de Edificios, do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación e do programa Erasmus procedente de Dinamarca.

Durante a xornada, o alumnado visitou unha canteira e unha fábrica de lousa, onde puido achegarse aos procesos de extracción e transformación deste material, así como coñecer a realidade e as oportunidades profesionais dun sector clave para a economía de Galicia.

 

Alumnado durante su visita ao sector da pizarra.

 

gl_ES