Novas

Un estudo universitario sitúa a pizarra como elemento esencial do patrimonio arquitectónico mundial

Novas

O traballo A Review of History and Architecture of Roofing Slates: Impact on the Unesco World Heritage List,

do que se fai eco a publicación científica Geoheritage, fai referencia á importancia das cubertas de pizarra como “un compoñente esencial do patrimonio histórico e arquitectónico da humanidade”. Así o afirman os investigadores Víctor Cárdenes, Celia Campa e Luis Pando, do Departamento de Xeoloxía da Universidade de Oviedo.

No estudo, reflíctese o dominio da lousa española “de xeito indiscutible no mercado mundial”, cuxa “mellor carta de presentación son os edificios e monumentos que aparecen na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco”. Nela detectaron lousas falsas ou de imitación grazas ao emprego de técnicas de intelixencia artificial para identificar os materiais empregados na construción de cubertas.

 

Os medios de comunicación fixéronse eco deste estudo e as súas conclusións:

Nova publicada no diario dixital Xornal O Sil

Reportaxe Portada de Provincia en La Región 

A pizarra é a rocha natura máis utilizada en cubertas e tellados catalogados pola UNESCO.
gl_ES