Novas

Eliseo López pide un plan especial para a pizarra por ser motor de desenvolvemento rural

Novas

Eliseo López, no programa La Tertulia de La 8 Bierzo. (FOTO: DIARIO DE LEÓN. L. DE LA MATA)

 

O presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, que tamén preside a Asociación de Pizarristas de Castela e León, APICAL, Eliseo López, defendeu a elaboración dun “plan especial para a pizarra”, xa que é “un sector que xera postos de traballo e fixa poboación nas zonas rurais”. Así o afirmou nunha entrevista realizada no programa La Tertulia de La 8 Bierzo, que se realiza en colaboración co Diario de León.

Tras analizar a situación actual do sector nos dous últimos anos e os datos estatísticos das exportacións, López falou da falta de persoal cualificado para realizar tarefas cada vez máis especializadas e do incremento cada vez maior da presenza da muller en diferentes ámbitos do sector. Tamén afirmou o presidente que a lousa está inmersa “nun proceso de transformación que inclúe a automatización das nosas instalacións e o desenvolvemento de novos materiais”, que manteñen este material como primeira opción para cuberta, “incorporando novos usos en fachada”.

Se desexan afondar na entrevista realizada a Eliseo López, poden facelo AQUÍ.

gl_ES