Novas

O Clúster da Pizarra premia aos mellores expedientes de bacharelato das zonas de Quiroga, A Rúa e o Barco de Valdeorras

Novas

Fixo entrega dun cheque e dun diploma ás estudantes Araceli López Gallego, Cintia Anabel Pérez González, Eva López García e Nerea López García

 

O Clúster da Pizarra de Galicia volveu premiar a excelencia académica e esta mañá fixo entrega dos seus Premios aos Mellores Expedientes de Bacharelato das zonas de Quiroga, A Rúa e O Barco de Valdeorras. Trátase dunha iniciativa que reflicte a súa aposta pola formación das novas xeracións e pola promoción do talento nas zonas vencelladas á industria da louseira.

O premio consiste nun diploma e un cheque de 300 euros para cada estudante. En Quiroga, a mellor alumna foi Araceli López Gallego, do IES de Quiroga, mentres que na Rúa o recoñecemento recaeu en Cintia Anabel Pérez González, do Colexio Pablo VI.

 

Araceli López Gallego do IES de Quiroga xunto o seu pai, a xefa de estudos do centro e Severino González.

 

 

Cintia Anabel Pérez González do Colexio Pablo VI xunto o seu pai e Severino González.

 

Na zona do Barco de Valdeorras, dúas alumnas do IES Martaguisela, Eva López García e Nerea López García, acadaron a mellor cualificación deste curso. Ao obter ambas a mesma nota, recibiron un diploma cada unha e repartiron o premio económico.

 

Eva López García e Nerea López García do IES Martaguisela co seu pai, a xefa de estudos do centro e Severino González.

 

O xerente do Clúster da Pizarra, Severino González, foi o encargado de facer entrega dos cheques nos tres centros educativos.

gl_ES