A maior frecuencia de uso de pizarra e pedra natural nas edificacións actuais fixo que a demanda destes materiais aumente e se incremente a competencia, implicando así unha esixencia cada vez maior na súa calidade, como por exemplo o marcado CE ou a acreditación da ENAC (Entidad Nacional de Acreditación).
CALIDADE
O Laboratorio do Centro Tecnolóxico da Pizarra posúe esta última acreditación desde 2007, que na actualidade certifica cinco ensaios de pizarra para teitos.
A necesidade de coñecer as características e prestacións de cada produto vén tamén marcada pola saturación dos mercados e a emerxencia de novos países competidores como China ou Brasil, ademais das esixentes normas medioambientais, algo que tamén impulsou a aposta pola innovación tecnolóxica.

