A Building Information Modeling (BIM) é unha innovadora metodoloxía tecnolóxica colaborativa que achega valor a todos os axentes que interveñen no proceso de deseño e execución dos proxectos, e que mellora a calidade do produto final. O Clúster da Pizarra de Galicia, no seu afán de adaptación ás novas tecnoloxías, desenvolveu unha biblioteca de obxectos BIM, con solucións construtivas en lousa para fachada e cuberta. O seu obxectivo é facilitar a incorporación deste material no deseño e execución de todo tipo de documentación. A descarga dos obxectos BIM é aberta e totalmente gratuíta para os usuarios.