Novas

Nova caída das exportacións de pizarra ao estranxeiro

Novas

A exportación de pizarra continúa en números vermellos. Os datos, con respecto ao ano anterior, seguen sendo negativos mes tras mes, e a caída do volume total de toneladas exportadas cífrase nun 12,7% nos primeiros cinco meses de 2025.

Se os anteriores datos estadísticos, correspondentes ao acumulado dos catro primeiros meses do ano, indicaban un descenso do 13,8 % no volume de pedra vendido no exterior, respecto ao mesmo periodo de 2024, un mes despois, os datos dos cinco primeiros meses indican unha nova caída. As 159.284 toneladas vendidas en 2025, seguen estando por debaixo das 182.533 do ano pasado.

Así, o maior importador, Francia, reduciu as compras de lousa nun 17,9 %; Reino Unido o fixo nun 11,8%, e Alemania nun 9,6%.

No caso de EEUU, os números falan dun resultado en positivo que moito ten que veer coa nova política de aranceis imposta polo presidente Donald Trump.

Segundo explica o diario La Región, “a estratexia das empresas ourensáns parece clara: ante as expectativas de guerra comercial que pretende abrir Estados Unidos, hai que aproveitar ao máximo a tregua e vender todo o posible ao xigante americano antes de que entren en vigor as penalizacións ás exportacións”.

É por elo que, nas estadísticas que nos amosan a evolución das exportacións, obsérvase un repunte positivo de saída de produto a este país, que aumenta nun 7,1% con respecto aos datos dos cinco primeiros meses de 2024.