LABORATORIO

A necesidade de coñecer as características e prestacións de cada produto vén tamén marcada pola saturación dos mercados e a emerxencia de novos países competidores como China ou Brasil, ademais das esixentes normas medioambientais, algo que tamén impulsou a aposta pola innovación tecnolóxica.

Coa vista posta nos retos e necesidades que se lle presentan ao sector da pizarra e da pedra natural, o Laboratorio presta os seguintes servizos especializados:

ENSAIOS DE LABORATORIO

ENSAIOS DE PIZARRA PARA TEITOS

Determinación de lonxitude e anchura. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 5

Determinación da desviación dos bordes respecto á liña recta. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 6

Determinación da rectangularidade das pizarras. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 7

Determinación do espesor de pizarras individuais. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 8

Determinación da desviación da planeidade. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 9

Determinación do módulo de rotura e do módulo de rotura característico. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 10. (*)

Absorción de auga. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 11. (*)

Xeo / Desxeo. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 12.

Determinación do contido de carbonato cálcico e de carbono non carbonatado por descomposición térmica catalítica. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 13. (*)

Exposición ao dióxido de xofre en pizarras cun contido de carbonato de calcio ≤ 20 % (en masa). UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 14.1. (*)

Ciclo térmico. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 15. (*)

Exame petrográfico: macroscópico e mediante o estudo de lámina delgada. UNE EN 12326-2:2012 Apdos. 16.6.1 e 16.6.2.1. Descrición macroscópica de 1 placa de pizarra e microscópica de tres láminas delgadas.

(*): Os ensaios marcados están incluídos no alcance de acreditación ENAC da Fundación Centro Tecnolóxico da Pizarra.

ENSAIOS DE PEDRA NATURAL

Densidade aparente e porosidade aberta. UNE EN 1936:2007.

Absorción de auga a presión atmosférica. UNE EN 13755:2008.

Absorción de auga por capilaridade. UNE EN 1925:1999.

Resistencia ao deslizamento con péndulo de fricción. UNE EN 14231:2004.

Enerxía de rotura por impacto. UNE EN 14158:2004.

Resistencia ao envellecemento por choque térmico. UNE EN 14066:2014.

Os ditos servizos contan con técnicos expertos para o asesoramento en materia de marcado CE e control de produción en fábrica, diagnóstico e avaliación de patoloxías, interpretación de resultados de ensaios e adecuación ao uso.

Os informes de ensaio emítense en formato electrónico e en diferentes idiomas para o cliente, seguindo a solicitude específica de cada un.