A maior frecuencia de uso da lousa e a pedra natural nas edificacións actuais, fixo que a demanda destos materiais aumente e se incremente a competencia, implicando así unha esixencia cada vez maior na súa calidade, como por exemplo, o marcado CE ou a acreditación da ENAC (Entidad Nacional de Acreditación).
LABORATORIO
O Laboratorio do Centro Tecnolóxico da Pizarra posúe esta última acreditación desde 2007, que na actualidade certifica cinco ensaios de pizarra para teitar.
A necesidade de coñecer as características e prestacións de cada produto ven tamén marcada pola saturación dos mercados e a emerxencia de novos países competidores como China ou Brasil, ademais das esixentes normas medioambientais, algo que tamén impulsou a aposta pola innovación tecnolóxica.



ENSAIOS DE LABORATORIO
Coa vista posta nos retos e necesidades que se lle plantexan ao sector da lousa e da pedra natural, o Laboratorio presta os seguintes servizos especializados:
ENSAIOS DE PIZARRA DE TEITAR
Determinación da lonxitude e anchura. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 5
Determinación da desviación das marxes con respecto á liña recta. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 6
Determinación da rectangularidade das lousas. UNE EN 12326-2:2012 Apdo.7
Determinación do espesor de lousas individuais. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 8
Determinación da desviación da superficie plana. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 9
Determinación do módulo de rotura e do módulo de rotura característico. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 10. (*)
Absorción de auga. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 11. (*)
Xeo / Desxeo. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 12.
Determinación do contido de carbonato cálcico e de carbono no carbonatado por descomposición térmica catalítica. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 13. (*)
Exposición ao dióxido de xofre en lousas cun contido de carbonato de calcio ≤ 20 % (en masa). UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 14.1. (*)
Ciclo térmico. UNE EN 12326-2:2012 Apdo. 15. (*)
Exame petrográfico: macroscópico e mediante o estudo de lámina delgada. UNE EN 12326-2:2012 Apdos.16.6.1 y 16.6.2.1. Descrición macroscópica de 1 placa de lousa e microscópica de tres láminas delgadas.
(*): Os ensaios marcados están incluidos no alcance de acreditación ENAC da Fundación Centro Tecnolóxico da Pizarra.
ENSAIOS DE PEDRA NATURAL
Densidade aparente e porosidad aberta. UNE EN 1936:2007.
Absorción de auga a presión atmosférica. UNE EN 13755:2008.
Absorción de auga por capilaridade. UNE EN 1925:1999.
Resistencia ao deslizamento con péndulo de fricción. UNE EN 14231:2004.
Enerxía de rotura por impacto. UNE EN 14158:2004.
Resistencia ao envellecemento por choque térmico. UNE EN 14066:2014.
Ditos servizos contan con técnicos expertos para o asesoramento en materia de marcado CE e control de produción en fábrica, diagnose e avaliación de patoloxías, interpretación de resultados de ensaios e adecuación ao uso.
Os informes de ensaio emítense en formato electrónico e en diferentes idiomas para o cliente, seguindo a solicitude específica de cada un deles.