Un material Para toda a vida.
A Pizarra natural caracterízase
pola súa alta durabilidade,
superior aos 200 anos.
A Pizarra Natural de Galicia
é un dos materiais
máis eficientes que existen
na arquitectura actual.
A Pizarra Natural achega
ás cubertas e fachadas
lonxevidade, elegancia e calidade;
dotándoas dun acabado exclusivo.

O Clúster da Pizarra de Galicia está integrado por máis de 40 empresas adicadas á extracción, á elaboración e á comercialización de lousa, que supoñen o 90% da produción total da comunidade.

A produción española, cifrada en máis de 450.000 toneladas durante o ano 2018, supón o 85% do total mundial de pizarra, do cal o 60% corresponde á pizarra natural producida en Galicia.

A pizarra de Galicia distinguese pola súa calidade, durabilidade e unha garantía de longa vida útil e resistencia. As súas propiedades únicas son a principal vantaxe competitiva fronte a lousas doutros países e materiais alternativos.

Colaboramos con diferentes tipos de profesionais e industrias.

Os obxectivos do Clúster da Pizarra procuran a promoción e pulo ás vendas da pizarra galega no mercado actual e poden resumirse no incremento do nivel de competitividade do sector da lousa, cun intento de promover e impulsar a execucion de proxectos concretos de carácter innovador.

Estes obxectivos responden ás novas necesidades do sector da pizarra, para os cales se desenvolveu un plan estratéxico que procura accións nos eidos da sostibilidade e medio ambiente, formación, promoción, normativo e técnico e I+D+i.

COLOCACIÓN DE PIZARRA.

Unha correcta colocación da pizarra é esencial para garantir a durabilidade e o mínimo mantemento de calquera cuberta.

Os obxectivos que se buscan na colocación dunha cuberta de pizarra son a estanquidade, imperbeamilidade e, polo tanto, a súa durabilidade. Esto non llo achega a pedra en si mesma, só se pode conseguir cunha correcta colocación na obra, tendo en conta que o factor máis importante para deseñar unha cuberta é a capilaridade, sendo esta a principal característica diferenciadora da pizarra con respecto a outros materiais de construción.

O Clúster da Pizarra colabora activamente coa Escola Técnica de Colocadores do Centro Tecnolóxico da Pizarra para ofrecer ciclos formativos especializados na instalación de cubertas de lousa.

Descubre o Valor da Pizarra Natural: Calidade, Durabilidade e Sostibilidade.

Explora como a pizarra, un material ecolóxico e duradeiro, pode mellorar os teus proxectos, xa sexa en construción, deseño ou sostibilidade.

Desde as súas propiedades únicas ata os controis de calidade e o seu impacto na contorna, aquí atoparás toda a información que precises para coñecer a fondo este recurso natural incomparable.

Propiedades da Pizarra Natural

Propiedades da Pizarra Natural

A durabilidade, é a propiedade máis importante e que mellor caracteriza a pizarra natural de Galicia.

Ver máis

Calidade e Normalización

Calidade e Normalización

A calidade no sector da lousa evolucionou durante as últimas décadas mediante a aparición…

Ver máis

Medio Ambiente e Sostibilidade

Medio Ambiente e Sostibilidade

A industria da construción é un importante contribuínte ás emisións de gases de efecto invernadoiro…

Ver máis

Preguntas máis Frecuentes

Preguntas máis Frecuentes

Atopa respostas ás dúbidas máis comúns sobre a pizarra natural, os seus usos, características e beneficios.

Ver máis

Novas e Novidades

Información actualizada sobre o Clúster da Pizarra, eventos, avances tecnolóxicos e tendencias na industria. Descobre todo lo que está a acontecer no mundo da pizarra natural.