Calidade e Normalización

O desenvolvemento de calquera sector está sempre marcado pola procura da calidade no produto obtido. A calidade no sector da lousa foi evolucionando ao longo das últimas décadas a través da aparición e intervención de diferentes organizacións, marcas e normativas deseñadas para tal fin.

A necesidade de crear unha marca como Galician & Spanish Slate para facer patente a calidade do produto é unha realidade nun sector que busca novos mercados nos que a competencia con outros produtos alternativos ou pizarras doutras localizacións xeográficas é cada vez maior. As marcas de calidade da pizarra galega indican que se trata dun produto de primeira calidade.

O marcado CE é obrigatorio desde 2006. Isto supón a homoxeneización da xestión da calidade e das normas europeas para a lousa, ademais de que aqueles produtos que posúen esta marca cumpren os requisitos de calidade esenciais para poder circular e comercializarse en todos os países da Unión Europea.

O marcado CE é a primeira revolución deste século para o sector da pizarra, que repercute no beneficio do sector da lousa en Galicia. A pizarra importada de terceiros países tamén debe levar este marcado, neste caso a declaración de conformidade debe ser realizada polo representante do fabricante legalmente establecido na UE. Isto supón un freo á importación de pizarra de dubidosa calidade doutros países como China ou Brasil.

NORMATIVA

A normativa que regula a calidade da lousa é europea e obriga a someter todo o produto a exhaustivos controis para garantir o estándar de calidade.

Normas UNE-EN 12326-1, UNE-EN 12326-2 y UNE-EN 22190-3 EX

Hoxe en día existen tres normas específicas para a lousa: Norma UNE-EN 12326-1 “Especificacións do produto”, que detalla os requisitos que se lle esixen á lousa; UNE-EN 12326-2 “Métodos de ensaio”, que especifica como deben realizarse os ditos métodos de ensaio; e a UNE-EN 22190-3 EX “Sistemas de colocación”, onde se explican as distintas formas de colocación en obras, así como os revestimentos necesarios.

Os ensaios establecidos na Norma UNE-EN 12326-2 poderán realizarse nunha organización ou laboratorio acreditado para tal fin, e terán validez en toda Europa, co obxectivo de unificar os criterios nos distintos países. No Centro Tecnolóxico de Pizarra hai un laboratorio acreditado por ENAC onde se realizan estes ensaios. Isto axiliza o mercado e reduce custos, xa que a lousa non terá que ser probada nos laboratorios dos países nos que se comercialice.

Os resultados obtidos das probas sobre as pizarras caracterízanos, existindo marxes de aceptación para cada proba. Neste punto cómpre subliñar que estes estándares foron elaborados por recoñecidos expertos no sector da pizarra de toda Europa, e as marxes de aceptación que se estableceron coinciden con cal é a realidade da lousa para cubertas, dende logo inclinada cara a unha mellora na calidade do produto.